Lorena Conde
desenvólvese nos terreos da dramaturxia, a dirección escénica, a interpretación, as artes plásticas e a literatura.
Iníciase no teatro primeiro como actriz e despois como directora en agrupacións universitarias. Fórmase en diferentes escolas e talleres e traballa como actriz profesional en proxectos de compañías alleas e propias. Forma parte da compañía Farrapo Teatro. É integrante da compañía Matrioshka Teatro.
É co-fundadora da compañía A Feroz.
No eido das artes aplicadas e a ilustración desenvolve un labor de experimentación no seu taller, A Maranha.
En 2016 gaña o XVIII Premio de poesía Miguel González Garcés con Entullo, o seu primeiro poemario. En 2020 faise co III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil coa novela Velloucas & Minchas, co XXXVI Premio de poesía Cidade de Ourense co poemario As puntas da louza. Cancioneiro de labor e co I Premio de Poesía Filomena Dato co poemario Ave do Paraíso.